Bolso Cunca
105,00 €
Bolso artesanal de madeira e coiro
Cunca non quere chamar a atención. Quere quedar contigo. É a calma do sinxelo ben feito: unha base de madeira de piñeiro galego, unha tapa de coiro de curtición vexetal.
Un bolso artesanal, feito a man con madeira e coiro, de liñas suaves, que entende o valor do duradeiro. Cámbiase co que necesites, pero sempre mantén a súa esencia. Unha peza atemporal, fiel a si mesma, que non segue modas porque non o precisa.
Descrición
Bolso artesanal de madeira e coiro
Cunca é un bolso artesanal onde a madeira de piñeiro e o coiro de curtición vexetal únense para dar forma a unha peza con alma. Materiais locais, escollidos con coidado, que falan de respecto pola terra e polos ritmos naturais.
A madeira achega calidez; o coiro, carácter e resistencia. A súa tapa redondeada suaviza as formas, facendo de Cunca unha peza amable.
O seu deseño limpo e versátil faino perfecto para adaptarse ao teu estilo, tanto no día a día como en momentos especiais.
Podes escoller a cor do coiro e a lonxitude da cinta para que encaixe contigo. Un bolso pensado para durar, feito con conciencia e creado para quen busca algo máis ca un complemento: unha forma de estar no mundo.
Medidas e detalles
- Bolso: 14 x 7 x 20 cm
- Cinta bandoleira: axustable entre 136–141 cm
- Cinta de ombreiro: axustable entre 65–70 cm
- Bordes pulidos e pintados a man
- Fondo cuberto de coiro para maior protección e silencio no movemento
Materiais sostibles
- Base: madeira de piñeiro galego tratada con vernices á auga. Cada veta é diferente: o teu bolso sempre será único.
- Tapa e cinta: coiro vacún de curtición vexetal (subproduto da industria cárnica), curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: engurras, sinais ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, o coiro desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso e único.
Fabricación local
- Feito en Galicia, de forma ética e responsable.
- O coiro trabállase no noso obradoiro en Galicia, peza a peza, con tempo e agarimo.
- A madeira é elaborada por pequenas empresas familiares galegas.
Coidados con agarimo
- Garda o bolso na súa bolsa de algodón (feita con tecidos reutilizados), afastado da luz directa, a humidade ou temperaturas extremas.
- Se se molla, déixao secar ao aire libre, sen calor artificial nin luz directa do sol.
- Para limpar, abonda cun pano de algodón lixeiramente húmido.
- E se xorde algún problema, aquí estamos para axudarche a solucionalo.
Información adicional
| Cores | Azul, Marrón Chocolate, Natural, Negro, Verde, Vermello, Vermello Escarlata |
|---|---|
| Cinta | Bandoleira, Ombreiro |










Reseñas
Aínda non hai valoracións.