Termos e condicións
Benvido/a á nosa tenda en liña! Queremos que te sintas como na casa mentres exploras Suidade, e por iso aquí tes as nosas “normas da casa”, explicadas de maneira sinxela e directa.
1. Os nosos produtos e a súa dispoñibilidade
Os produtos que atopas aquí son exclusivos de Suidade, deseñados e feitos con coidado. Iso si, poden esgotarse porque traballamos con materiais locais e de forma artesanal. Se algún produto non está dispoñible, informarémoste canto antes e, se o desexas, propoñerémosche algunha alternativa igual de especial.
2. Prezos claros, con todo incluído
Os prezos que ves son finais e inclúen o IVE. Procuramos manter os prezos o máis estables posible, pero se houbese algún cambio, avisarémoste antes de que realices o pedido.
3. Uso responsable da nosa web
Ao navegar e mercar en Suidade, confiamos en que:
- Usarás a páxina para consultas ou pedidos reais.
- Non realizarás pedidos falsos ou fraudulentos (de ser o caso, estaremos autorizados a cancelalos e informar).
- Facilitarás datos de contacto veraces para poder completar a entrega e, se fose necesario, contactar contigo.
- Tes máis de 18 anos, xa que só aceptamos pedidos de persoas adultas.
4. Prazos e condicións de envío
En Suidade tomámonos o noso tempo para facer as cousas ben, como boa marca de moda lenta. Por iso, os envíos saen os martes e adoitan chegar nun prazo de 3 a 5 días laborables. Non realizamos entregas en sábado nin domingo: cremos en respectar o noso tempo de descanso e tamén o das persoas que xestionan os envíos.
Zonas de envío e tarifas:
- Península: Envío gratuíto en pedidos a partir de 100 €. En pedidos inferiores, o custo é de 5 €.
- Canarias e Baleares: Envío gratuíto en pedidos de 200 € ou máis; se non, o custo é de 10 €.
- Europa (Austria, Bélxica, Suíza, Alemaña, Dinamarca, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Suecia): gratuíto en pedidos de 200 € ou máis; en pedidos inferiores, o custo é de 15 €.
Formas de pagamento:
- Tarxeta de crédito/débito (Visa, Mastercard, etc.)
- PayPal: Para quen prefere a comodidade de pagar con un clic.
- Bizum: (só dispoñible en España)
- Transferencia bancaria: Neste caso, o pedido enviarase unha vez recibido o pagamento. Para axilizar o proceso, recoméndase enviar o comprobante da transferencia.
5. Cambios e devolucións
Estamos comprometidos co medio ambiente e queremos evitar xerar máis CO₂ do necesario. Por iso, non dubides en facernos todas as preguntas que precises antes da compra para asegurarte de que todo é do teu agrado e así evitar devolucións innecesarias.
E no caso de que precises facer unha devolución, aquí van os detalles:
- Prazo de devolución: Podes devolver o teu produto nun prazo de 14 días desde que o recibiches.
- Condicións do produto: Aceptamos devolucións de artigos sen usar. Non é necesario o embalaxe orixinal, pero si un similar que manteña o produto en bo estado durante o envío de volta.
- Gastos de envío: Se non hai erro nin defecto no produto, os gastos de envío da devolución corren a cargo do cliente.
- Cambio ou reembolso: Ofrecemos tanto cambio como reembolso, sempre que o produto estea en boas condicións e non sexa personalizado. O reembolso realízase do mesmo xeito no que se efectuou o pagamento.
- Produtos defectuosos: Se algo non che chegou en perfecto estado, o noso departamento de calidade revisará o caso. Se confirmamos que hai un defecto, asumimos os gastos de devolución e faremos o reembolso ou cambio sen custo adicional.
6. Produtos en perfecto estado
Cada peza é revisada con esmero, pero se por calquera motivo recibes algo danado ou defectuoso, contacta connosco e faremos o posible para que quedes satisfeito/a. Iso si, primeiro o noso equipo de calidade comprobará que o fallo é responsabilidade nosa.
7. Dereitos de autor
O contido de Suidade —deseños, fotos e textos— é froito do noso traballo, así que agradecemos que o respectes e evites reproducilo sen o noso permiso. Queremos que compartas a nosa paixón, pero sempre dunha maneira respectuosa..
8. Protección da túa privacidade
Para realizar os pedidos precisamos certos datos, como a dirección de envío, que serán tratados coa máxima confidencialidade, segundo a normativa de protección de datos. Non vendemos nin compartimos a túa información.
9. Cambios nestes termos e condicións
Estes “Termos e Condicións” poderán modificarse, e cada cambio será publicado nesta páxina para que poidas consultalos en calquera momento antes de realizar un novo pedido.
10. Excepcionalmente, podemos rexeitar un pedido
A nosa intención é tramitar todos os pedidos, pero se hai algunha excepción que nos obriga a rexeitalo, farémolo e informarémoste canto antes. Traballamos para que estes casos sexan raros, pero queremos que teñas a mellor experiencia en Suidade.

