Deseños naturais e exclusivos.
Un bolso único para ti.
Descubre a nosa colección de bolsos feitos a mna con madeira e coiro de Galicia. Cada peza crease con agarimo, coidando cada detalle para ofrecerche un accesorio único, pensado para durar e adaptarse a ti.
Deseños atemporais, elaborados con amor polos artesáns locais, que convirten cada bolso nunha peza especial con historia propia. Materiais naturais, procesos respetuosos co medio ambiente e un estilo que transcende modas.
Bolso de madeira cor de nogueira
Pensado para adaptarse a ti en cada ocasión, este bolso conta con tapas e cintas intercambiables, que se suxeitan á base de madeira con broches. Permitíndoche crear diferentes combinacións segundo o momento.
O seu tamaño (20x8x13cm) e a cinta regulable fano cómodo para o día a día, o suficientemente compacto para levar o esencial e o bastanta versátil para acompañarte sempre.
Bolso de madeira de piñeiro
Creado para acompañarche durante anos, este bolso está feito con materias primas locais e procesos artesanais que respectan a contorna. A madeira e o coiro, lonxe de desgastarse, gañan carácter co tempo, adaptándose ao teu ritmo de vida.
Apostamos por unha moda consciente, onde cada peza é única, atemporal e versátil. Un bolso que non segue tendencias pasaxeiras, senón que se converte en parte da túa historia.
Descobre o último en moda natural!
Blog
Martes, 21 de Xaneiro 2025
De hobbie a marca: A historia de Suidade, onde tradición e sustentabilidade atópanseDin que as grandes ideas nacen[...]
Martes, 21 de Xaneiro 2025
Por qué elegimos cuero de curtición vegetal para Suidade En Suidade, cada elección de material está cuidadosamente[...]
Martes, 21 de Xaneiro 2025
La inspiración detrás de Suidade: Galicia y su música tradicional Dicen que las mejores ideas necesitan tiempo[...]