
Publicado el: 21/01/2025
De hobbie a marca: A historia de Suidade, onde tradición e sustentabilidade atópanse
Din que as grandes ideas nacen de pequenos momentos, e así foi como comezou a historia de Suidade, unha marca que combina artesanía, tradición e sustentabilidade. Todo empezou como un hobbie, pero pronto se converteu en algo moito máis grande.
Un primeiro bolso, unha gran inspiración
Durante varios anos, crear pequenos accesorios de coiro era só unha afección para min. Sempre me gustou a combinación de madeira e coiro, tanto que xa tiña un reloxo feito con estes materiais. Un día, decidín ir un paso máis aló e crear o meu propio bolso de madeira e coiro. Aquel primeiro deseño era único, pero demasiado pequeno e incómodo.
As persoas que o vían pedíanme que fixese máis, pero sabía que o deseño debía mellorar. Despois de moitas probas, finalmente conseguín crear un bolso que consideraba perfecto: práctico, fermoso e con carácter. Con todo, entendín que non podía seguir adiante sen darlle un marco máis sólido ao meu traballo. Así naceu Suidade, unha marca que vai moito máis alá de facer bolsos.
Un nome con alma galega
O nome “Suidade” non é casual. É unha palabra que na miña casa sempre usamos para describir esa sensación de botar de menos algo importante. E iso é precisamente o que sentía: unha falta de valores esenciais no mercado actual. Valores como a conexión co rural, o traballo en proximidade e o respecto polo medioambiente e as persoas. Quería devolver ao mercado algo que se estaba perdendo, e Suidade era o nome perfecto para reflectilo.
Dun hobbie a unha marca con propósito
A creación de Suidade marcou un antes e un despois. O que comezou como un pasatempo converteuse nunha marca real cun forte compromiso por transmitir valores fundamentais:
- Artesanía e sustentabilidade: Cada peza está feita con materiais locais e reciclaxes, respectando o medioambiente.
- Traballo en proximidade: Apostamos por colaborar con pequenas empresas do rural galego, recuperando prácticas tradicionais.
- Deseños únicos: Bolsos de madeira e coiro que combinan funcionalidade e estética, cun enfoque zero waste.
Hoxe, Suidade non é só unha marca de bolsos; é un proxecto que honra a tradición galega e mira cara a un futuro máis sostible.
Un legado feito a man
A través de Suidade, quero compartir o que para min é esencial: crear produtos que conten historias, que conecten coas nosas raíces e que respecten o planeta. Se sentes esa “suidade” de algo auténtico, estás no lugar indicado.
Descobre os nosos bolsos e úneche á nosa misión de recuperar o que realmente importa.



