Tapa Noite de San Xoán
22,00 €
Tapa negra redondeada para bolso Suidade: intercambiable e feita a man en Galicia
Tapa de coiro negro con forma redondeada para personalizar o teu bolso Suidade.
Feita a man en Galicia con coiro de curtición vexetal, intercámbiase facilmente grazas ao sistema de broches.
Compatible con todos os modelos Suidade.
Descrición
Noite de San Xoán é unha promesa acesa. Como esa noite que ilumina o solsticio co lume, esta tapa de coiro negro garda misterio e posibilidades.
A súa forma redondeada suaviza o deseño e crea un contraste sutil coa base de madeira. Unha opción discreta pero poderosa para transformar o teu bolso.
Feita a man en Galicia, con coidado e respecto por cada detalle.
Deixa que a intuición guíe a túa escolla.
Porque un bolso tamén pode gardar un pouco de maxia.
Detalles
- Bordes pulidos e pintados a man
Materiais
Trabajamos con materiais locais e sostibles:
- Coiro vacún de curtición vexetal, subproduto da industria cárnica, curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: pequenas engurras ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso.
Fabricación local
Feito en España, de xeito ético e responsable. O coiro trabállase peza a peza no noso obradoiro en Galicia.
Cuidados con agarimo
Para que a túa tapa te acompañe durante moitos anos:
- Gárdaa na súa bolsa de algodón (con tecidos reutilizados), afastada da luz directa, da humidade ou de temperaturas extremas.
- Se se molla, deixa que seque ao aire libre, sen calor artificial nin sol directo.
- Límpaa cun pano de algodón apenas humedecido.















Reseñas
Aínda non hai valoracións.