Cintas Tea

25,00 

Esgotado

Cinta de tea para bolso Suidade: intercambiable e feita con tecidos reciclados

Lixeira, atrevida e con moita alma. Dalle un toque diferente ao teu Suidade cunha cinta de tea. Combínaa ou contrástaa coas tapas segundo o día, o evento ou o ánimo.

Compatible con todos os modelos Suidade.

Descrición

Se es das que garda ata o último retaliño de tea porque “algo farei con isto”… esta cinta é para ti.

Feita a partir de excedentes doutras marcas, esta cinta de é unha forma de darlle unha segunda vida a tecidos que, doutro xeito, serían residuos. E así, cada cinta ten unidades moi limitadas e irrepetibles.

Lixeira, suave e cómoda, é perfecta para cando queres levar o teu Suidade ao ombreiro sen perder ese toque único.

Dispoñible en varias cores para que poidas xogar coas combinacións e adaptar o teu bolso ao teu estilo, momento ou evento.
A suxeición con broches permite cambiala en segundos.

Medidas:

  • Lonxitude total: 60 cm. Ideal para levar ao ombreiro, con comodidade e estilo.

Materiais:

  • Estas cintas están feitas con excedentes doutras marcas, o que fai difícil saber exactamente a súa composición… pero sabemos que teñen unha segunda oportunidade grazas a ti.

Fabricación sostible:

  • Feito en España.Cada cinta de tela é confeccionada no noso obradoiro, unha a unha, sen présa e con coidado.
    En Suidade traballamos desde Galicia con honestidade, man a man con outras pequenas empresas que tamén cren na moda sostible.

Coidados e agarimo:

  • Gárdaa nunha bolsa de algodón, afastada da luz directa, da humidade e de temperaturas extremas.
  • Non lavar a máquina, nin usar disolventes.
  • Se se molla, deixa que seque ao aire libre, non con secador ou a luz directa do sol.
  • E se lle pasa algo máis serio, chámanos sen medo: estamos aquí para axudar.

Información adicional

Cores

Azul, Flores Beige, Flores Rosadas, Flores Verdes, Multicor

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Cintas Tea”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Produtos relacionados

Explora as nosas categorías naturais