Cintas Suidade

Rango de prezos: desde 23,00 € ata 27,00 €

Cinta de coiro para bolso Suidade: intercambiable, artesanal e feita en Galicia

O detalle que cambia todo. Elixe cintas de coiro extra para o teu Suidade. Escolle a medida que mellor se adapte a ti e combina (ou contrasta!) coas tapas como queiras.

Compatible con todos os Suidade.

Descrición

As cintas Suidade están feitas para adaptarse a ti, ao teu ritmo e ao teu día. Porque non todos os días son iguais, nin todos os momentos piden o mesmo. Hoxe cruzada, mañá ao ombreiro… ou quizais esa cor que combina mellor co teu pantalón favorito.

Feita con agarimo e con coiro vacún de curtición vexetal, cada cinta está coidadosamente bruñida e pintada a man nos cantos, para un acabado limpo, elegante e duradeiro.

O sistema de broches permíteche cambiar a cinta en segundos e crear combinacións ao teu xeito: máis alegre, máis colorida, máis ti.

Medidas

  • Cinta bandoleira: axustable entre 136 cm e 141 cm
  • Cinta de ombreiro: axustable entre 65 cm e 70 cm

Materiais

  • Coiro vacún de curtición vexetal, un subproduto da industria cárnica, traballado sen químicos agresivos.Cada cinta conserva as marcas naturais da pel: pequenas engurras, sinais ou cicatrices que lle dan carácter e fan que non haxa dúas iguais. Co tempo, o coiro desenvolve unha pátina natural que o fai máis bonito e único.

Fabricación local

Feito en España. Cada cinta está elaborada no noso obradoiro en Galicia, unha a unha, con tempo e coidado.

Coidados con agarimo

Para que a túa cinta dure moito tempo (e moitas aventuras):

  • Garda a cinta na súa bolsa de algodón, afastada da luz directa, humidade ou calor excesivo.
  • Se se molla, deixa que seque ao aire libre. Sen calor artificial, que o coiro non a leva ben.
  • Para o mantemento habitual, chega cun pano moi pouco humedecido. Nada de produtos agresivos nin disolventes. Se aparece algún contratempo, xa sabes onde atoparnos.

Información adicional

Cinta

Bandoleira, Ombreiro

Cores

Azul, Marrón Chocolate, Natural, Negro, Verde, Vermello, Vermello Escarlata

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Cintas Suidade”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Produtos relacionados

Explora as nosas categorías naturais