Bolso Forxa
105,00 €
Bolso artesanal de liñas firmes, en madeira e coiro de Galicia
Forxa respira o mesmo castiñeiro galego que Boleira, traballado de forma artesanal e con respecto pola súa orixe.
A súa tapa con forma cadrada dálle presenza: directa, funcional e silenciosa.
Un bolso feito a man, pensado para o día a día, sen présas nin exceso.
Sostible e duradeiro, creado para acompañarte en cada etapa.
Descrición
Forxa nace do mesmo castiñeiro que Boleira, pero con personalidade propia: a súa tapa de forma cadrada achega carácter e sobriedade.
É un bolso que transmite claridade, sen adornos nin estridencias.
Feito a man en Galicia, con materiais naturais e locais, e atención consciente en cada paso.
Personalízao como queiras: cor do coiro e largo de cinta.
Forxa é versátil, pero sempre fiel a si mesmo.
Unha peza honesta, firme e duradeira. Como todo o que paga a pena.
Medidas e detalles
- Bolso: 14 x 7 x 20 cm
- Cinta bandoleira: axustable entre 136–141 cm
- Cinta de ombreiro: axustable entre 65–70 cm
- Bordes pulidos e pintados a man
- Fondo cuberto de coiro para maior protección e silencio no movemento
Materiais sostibles
- Base: madeira de castiñeiro galego tratada con vernices á auga. Cada veta é diferente: o teu bolso sempre será único.
- Tapa e cinta: coiro vacún de curtición vexetal (subproduto da industria cárnica), curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: engurras, sinais ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, o coiro desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso e único.
Fabricación local
- Feito en Galicia, de forma ética e responsable.
- O coiro trabállase no noso obradoiro en Galicia, peza a peza, con tempo e agarimo.
- A madeira é elaborada por pequenas empresas familiares galegas.
Coidados con agarimo
- Garda o bolso na súa bolsa de algodón (feita con tecidos reutilizados), afastado da luz directa, a humidade ou temperaturas extremas.
- Se se molla, déixao secar ao aire libre, sen calor artificial nin luz directa do sol.
- Para limpar, abonda cun pano de algodón lixeiramente húmido.
- E se xorde algún problema, aquí estamos para axudarche a solucionalo.
Información adicional
| Cinta | Bandoleira, Ombreiro |
|---|---|
| Cores | Azul, Marrón Chocolate, Natural, Negro, Verde, Vermello, Vermello Escarlata |










Reseñas
Aínda non hai valoracións.