Bolso Tina
105,00 €
Esgotado
Bolso artesanal con base en madeira e tapa de coiro, pensado para durar
Tina comparte esencia con Trebón: madeira de piñeiro galego tinguidada en nogueira e alma serena.
A súa tapa de forma cadrada dálle outro xesto: máis claro, máis directo.
Un bolso versátil e honesto, que non precisa adornos para encaixar.
Pensado para durar, como se sempre estivese aí. E, dalgún xeito, así é.
Descrición
Tina comparte materiais e espírito con Trebón, pero expresa unha personalidade distinta: a súa tapa de forma cadrada achega estrutura, cunha presenza definida.
É un bolso que acompaña con discreción e seguridade.
Feito a man en Galicia, con piñeiro tinguido en cor nogueira e coiro de curtición vexetal traballado artesanalmente.
Escolle os detalles que o farán teu: cor do coiro e a lonxitude da cinta.
Tina é unha peza sinxela, pero con intención, deseñada para durar e acompañarte cada día.
Medidas e detalles
- Bolso: 14 x 7 x 20 cm
- Cinta bandoleira: axustable entre 136–141 cm
- Cinta de ombreiro: axustable entre 65–70 cm
- Bordes pulidos e pintados a man
- Fondo cuberto de coiro para maior protección e silencio no movemento
Materiais sostibles
- Base: madeira de piñeiro galego tratada con vernices á auga. Cada veta é diferente: o teu bolso sempre será único.
- Tapa e cinta: coiro vacún de curtición vexetal (subproduto da industria cárnica), curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: engurras, sinais ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, o coiro desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso e único.
Fabricación local
- Feito en Galicia, de forma ética e responsable.
- O coiro trabállase no noso obradoiro en Galicia, peza a peza, con tempo e agarimo.
- A madeira é elaborada por pequenas empresas familiares galegas.
Coidados con agarimo
- Garda o bolso na súa bolsa de algodón (feita con tecidos reutilizados), afastado da luz directa, a humidade ou temperaturas extremas.
- Se se molla, déixao secar ao aire libre, sen calor artificial nin luz directa do sol.
- Para limpar, abonda cun pano de algodón lixeiramente húmido.
- E se xorde algún problema, aquí estamos para axudarche a solucionalo.
Información adicional
| Cinta | Bandoleira, Ombreiro |
|---|---|
| Cores | Azul, Marrón Chocolate, Natural, Negro, Verde, Vermello, Vermello Escarlata |










Reseñas
Aínda non hai valoracións.