Bolso Trebón
105,00 €
Esgotado
Bolso artesanal versátil en madeira de piñeiro e coiro, feito en Galicia
Trebón é un bolso que combina madeira de piñeiro galego tinguidada en ton nogueira cunha tapa de coiro con forma redondeada que flúe con naturalidade.
Unha peza de liñas suaves e fondo firme, feita con conciencia.
Feita a man en Galicia, sen présa, con respecto polos materiais e por quen a leva.
Versátil, sostible e atemporal, deseñada para durar. Como todo o que permanece.
Descrición
Trebón está feito con piñeiro galego tintado en nogueira e coiro de curtición vexetal: unha combinación cálida e serena.
A súa tapa de forma redondeada suaviza as formas e transmite equilibrio e proximidade.
Cada bolso elabórase a man en Galicia, en colaboración con obradoiros locais.
Personalízao ao teu gusto: escolla a cor do coiro e a lonxitude da cinta.
Trebón non busca destacar, pero permanece. E iso, ás veces, é o que importa.
Deseño artesanal, sostible e con identidade propia.
Medidas e detalles
- Bolso: 14 x 7 x 20 cm
- Cinta bandoleira: axustable entre 136–141 cm
- Cinta de ombreiro: axustable entre 65–70 cm
- Bordes pulidos e pintados a man
- Fondo cuberto de coiro para maior protección e silencio no movemento
Materiais sostibles
- Base: madeira de piñeiro galego tratada con vernices á auga. Cada veta é diferente: o teu bolso sempre será único.
- Tapa e cinta: coiro vacún de curtición vexetal (subproduto da industria cárnica), curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: engurras, sinais ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, o coiro desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso e único.
Fabricación local
- Feito en Galicia, de forma ética e responsable.
- O coiro trabállase no noso obradoiro en Galicia, peza a peza, con tempo e agarimo.
- A madeira é elaborada por pequenas empresas familiares galegas.
Coidados con agarimo
- Garda o bolso na súa bolsa de algodón (feita con tecidos reutilizados), afastado da luz directa, a humidade ou temperaturas extremas.
- Se se molla, déixao secar ao aire libre, sen calor artificial nin luz directa do sol.
- Para limpar, abonda cun pano de algodón lixeiramente húmido.
- E se xorde algún problema, aquí estamos para axudarche a solucionalo.
Información adicional
| Cinta | Bandoleira, Ombreiro |
|---|---|
| Cores | Azul, Marrón Chocolate, Natural, Negro, Verde, Vermello, Vermello Escarlata |










Reseñas
Aínda non hai valoracións.