Bolso Boleira
105,00 €
Bolso artesanal de madeira galega e coiro vexetal
Boleira nace do mesmo punto que Forxa: madeira de castiñeiro galego, traballada localmente, respectando os tempos.
A súa tapa redondeada suaviza as liñas, convidando ao cotián cun xesto amable.
Unha peza de moda lenta, feita para quedar, que fala baixo pero permanece.
Versátil, sinxela. Como unha frase que se queda sen saber por que.
Descrición
Boleira combina castiñeiro galego e coiro de curtición vexetal nun deseño de liñas suaves.
A súa tapa de forma redondeada está pensada para quen busca un bolso sereno, amable e con personalidade.
Cada peza elabórase a man, con ese coidado que só permite a artesanía feita sen présas.
Escolle os detalles para facelo teu: cor do coiro e a lonxitude da cinta.
Unha peza atemporal, que non segue modas porque non o precisa.
Medidas e detalles
- Bolso: 14 x 7 x 20 cm
- Cinta bandoleira: axustable entre 136–141 cm
- Cinta de ombreiro: axustable entre 65–70 cm
- Bordes pulidos e pintados a man
- Fondo cuberto de coiro para maior protección e silencio no movemento
Materiais sostibles
- Base: madeira de castiñeiro galego tratada con vernices á auga. Cada veta é diferente: o teu bolso sempre será único.
- Tapa e cinta: coiro vacún de curtición vexetal (subproduto da industria cárnica), curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: engurras, sinais ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, o coiro desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso e único.
Fabricación local
- Feito en Galicia, de forma ética e responsable.
- O coiro trabállase no noso obradoiro en Galicia, peza a peza, con tempo e agarimo.
- A madeira é elaborada por pequenas empresas familiares galegas.
Coidados con agarimo
- Garda o bolso na súa bolsa de algodón (feita con tecidos reutilizados), afastado da luz directa, a humidade ou temperaturas extremas.
- Se se molla, déixao secar ao aire libre, sen calor artificial nin luz directa do sol.
- Para limpar, abonda cun pano de algodón lixeiramente húmido.
- E se xorde algún problema, aquí estamos para axudarche a solucionalo.
Información adicional
| Cinta | Bandoleira, Ombreiro |
|---|---|
| Cores | Azul, Marrón Chocolate, Natural, Negro, Verde, Vermello, Vermello Escarlata |










Reseñas
Aínda non hai valoracións.