Bolso Forxa

105,00 €

Bolso artesanal de liñas firmes, en madeira e coiro de Galicia

Forxa respira o mesmo castiñeiro galego que Boleira, traballado de forma artesanal e con respecto pola súa orixe.

A súa tapa con forma cadrada dálle presenza: directa, funcional e silenciosa.

Un bolso feito a man, pensado para o día a día, sen présas nin exceso.

Sostible e duradeiro, creado para acompañarte en cada etapa.

Descrición

Forxa nace do mesmo castiñeiro que Boleira, pero con personalidade propia: a súa tapa de forma cadrada achega carácter e sobriedade.

É un bolso que transmite claridade, sen adornos nin estridencias.

Feito a man en Galicia, con materiais naturais e locais, e atención consciente en cada paso.

Personalízao como queiras: cor do coiro e largo de cinta.

Forxa é versátil, pero sempre fiel a si mesmo.

Unha peza honesta, firme e duradeira. Como todo o que paga a pena.

Medidas e detalles

  • Bolso: 14 x 7 x 20 cm
  • Cinta bandoleira: axustable entre 136–141 cm
  • Cinta de ombreiro: axustable entre 65–70 cm
  • Bordes pulidos e pintados a man
  • Fondo cuberto de coiro para maior protección e silencio no movemento

Materiais sostibles

  • Base: madeira de castiñeiro galego tratada con vernices á auga. Cada veta é diferente: o teu bolso sempre será único.
  • Tapa e cinta: coiro vacún de curtición vexetal (subproduto da industria cárnica), curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: engurras, sinais ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, o coiro desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso e único.

Fabricación local

  • Feito en Galicia, de forma ética e responsable.
  • O coiro trabállase no noso obradoiro en Galicia, peza a peza, con tempo e agarimo.
  • A madeira é elaborada por pequenas empresas familiares galegas.

Coidados con agarimo

  • Garda o bolso na súa bolsa de algodón (feita con tecidos reutilizados), afastado da luz directa, a humidade ou temperaturas extremas.
  • Se se molla, déixao secar ao aire libre, sen calor artificial nin luz directa do sol.
  • Para limpar, abonda cun pano de algodón lixeiramente húmido.
  • E se xorde algún problema, aquí estamos para axudarche a solucionalo.

Información adicional

Cinta

Bandoleira, Ombreiro

Cores

Azul, Marrón Chocolate, Natural, Negro, Verde, Vermello, Vermello Escarlata

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Bolso Forxa”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Produtos relacionados

Explora as nosas categorías naturais