Bolso Cazola
105,00 €
Bolso artesanal de madeira e coiro, feito a man en Galicia
O contacto cálido da madeira de castiñeiro galego, tinguida en ton de nogueira, e unha tapa de coiro que se adapta con suavidade.
Cazola é unha desas pezas de deseño artesanal que non buscan destacar, pero acaban por facelo. Feito a man en Galicia con materiais de locais, é un bolso que transmite calma.
Cómodo, fermoso e sereno. Unha peza sostible, versátil e atemporal, pensada para durar.
Descrición
O bolso Cazola está elaborado con madeira de castiñeiro galego tinguida en cor nogueira e coiro de curtición vexetal. A súa tapa con forma redondeada achega suavidade , convidando a usala e a confiar nela. Feito a man, en colaboración con obradoiros locais, cada Cazola é exclusivo.
É un bolso versátil, resistente e o suficientemente elegante como para acompañarte tanto no día a día como en momentos especiais. Podes personalizalo ao teu gusto: escolla a cor do coiro e a lonxitude da cinta.
Un bolso sereno, pensado para durar. Así son as cousas ben feitas.
Medidas e detalles
- Bolso: 14 x 7 x 20 cm
- Cinta bandoleira: axustable entre 136–141 cm
- Cinta de ombreiro: axustable entre 65–70 cm
- Bordes pulidos e pintados a man
- Fondo cuberto de coiro para maior protección e silencio no movemento
Materiais sostibles
- Base: madeira de castiñeiro galego tratada con vernices ao auga. Cada veta é diferente: o teu bolso sempre será único.
- Tapa e cinta: coiro vacún de curtición vexetal (subproduto da industria cárnica), curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: engurras, sinais ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, o coiro desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso e único.
Fabricación local
- Feito en Galicia, de forma ética e responsable.
- O coiro trabállase no noso obradoiro en Galicia, peza a peza, con tempo e agarimo.
- A madeira é elaborada por pequenas empresas familiares galegas.
Coidados con agarimo
- Garda o bolso na súa bolsa de algodón (feita con tecidos reutilizados), afastado da luz directa, a humidade ou temperaturas extremas.
- Se se molla, déixao secar ao aire libre, sen calor artificial nin luz directa do sol.
- Para limpar, abonda cun pano de algodón lixeiramente húmido.
- E se xorde algún problema, aquí estamos para axudarche a solucionalo.
Información adicional
| Cinta | Bandoleira, Ombreiro |
|---|---|
| Cores | Azul, Marrón Chocolate, Natural, Negro, Verde, Vermello, Vermello Escarlata |












Reseñas
Aínda non hai valoracións.