Bolso Brétema
105,00 €
Bolso artesanal sostible en madeira e coiro galego
Brétema camiña xunto a Cunca: comparten a mesma base de madeira de piñeiro galego e o mesmo saber estar.
A súa tapa de forma cadrada dálle un aire sobrio e definido. Un bolso artesanal, funcional e elegante.
É a versión práctica do poético. Unha peza que non distrae, pero acompaña. Que, sen facer ruído, sostén o teu ritmo.
Sostible, feito a man, con calma, pensado para seguir o teu paso.
Descrición
Brétema nace do mesmo corazón que Cunca: madeira de piñeiro galego, coiro de curtición vexetal e mans que traballan sen présa.
A súa tapa cadrada dálle un aire distinto: máis sereno, máis estruturado.
É un bolso exclusivo, pensado para quen valora a beleza das liñas limpas e os detalles honestos, sen necesidade de adornos.
Como todos os nosos bolsos, Brétema é personalizable: podes escoller a cor do coiro e a lonxitude da cinta.
Deseñado para acompañarte moito tempo. Feito con respecto, dende a raíz.
Medidas e detalles
- Bolso: 14 x 7 x 20 cm
- Cinta bandoleira: axustable entre 136–141 cm
- Cinta de ombreiro: axustable entre 65–70 cm
- Bordes pulidos e pintados a man
- Fondo cuberto de coiro para maior protección e silencio no movemento
Materiais sostibles
- Base: madeira de piñeiro galego tratada con vernices ao auga. Cada veta é diferente: o teu bolso sempre será único.
- Tapa e cinta: coiro vacún de curtición vexetal (subproduto da industria cárnica), curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: engurras, sinais ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, o coiro desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso e único.
Fabricación local
- Feito en Galicia, de forma ética e responsable.
- O coiro trabállase no noso obradoiro en Galicia, peza a peza, con tempo e agarimo.
- A madeira é elaborada por pequenas empresas familiares galegas.
Coidados con agarimo
- Garda o bolso na súa bolsa de algodón (feita con tecidos reutilizados), afastado da luz directa, a humidade ou temperaturas extremas.
- Se se molla, déixao secar ao aire libre, sen calor artificial nin luz directa do sol.
- Para limpar, abonda cun pano de algodón lixeiramente húmido.
- E se xorde algún problema, aquí estamos para axudarche a solucionalo.
Información adicional
| Cinta | Bandoleira, Ombreiro |
|---|---|
| Cores | Azul, Marrón Chocolate, Natural, Negro, Verde, Vermello, Vermello Escarlata |










Reseñas
Aínda non hai valoracións.