Tapa Duna de Corrubedo

22,00 €

Tapa cor natural cadrada para bolso Suidade: intercambiable e feita a man en Galicia

Tapa de coiro en cor natural con forma cadrada para personalizar o teu bolso Suidade.

Feita a man en Galicia con coiro de curtición vexetal, intercámbiase facilmente grazas ao sistema de broches.

Compatible con todos os modelos Suidade.

Descrición

Duna de Corrubedo é silencio, amplitude, luz. Como o ton natural desta tapa, que deixa ver as marcas e texturas orixinais da pel.

A forma cadrada achega estrutura ao bolso, mentres que a cor neutra invita á calma e combínase con todo.

Feita a man en Galicia, respectando o ritmo e a orixe de cada material.

Escolle con pausa. Porque un bolso tamén pode ser un espazo de creación.

Detalles

  • Bordes pulidos e pintados a man

Materiais

Trabajamos con materiais locais e sostibles:

  • Coiro vacún de curtición vexetal, subproduto da industria cárnica, curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: pequenas engurras ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso.

Fabricación local

Feito en España, de xeito ético e responsable. O coiro trabállase peza a peza no noso obradoiro en Galicia.

Cuidados con agarimo

Para que a túa tapa te acompañe durante moitos anos:

  • Gárdaa na súa bolsa de algodón (con tecidos reutilizados), afastada da luz directa, da humidade ou de temperaturas extremas.
  • Se se molla, deixa que seque ao aire libre, sen calor artificial nin sol directo.
  • Límpaa cun pano de algodón apenas humedecido.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Tapa Duna de Corrubedo”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Produtos relacionados

Explora as nosas categorías naturais