Tapa Fragas
22,00 €
Tapa verde cadrada para bolso Suidade: intercambiable e feita a man en Galicia
Tapa de coiro verde con forma cadrada para personalizar o teu bolso Suidade.
Feita a man en Galicia con coiro de curtición vexetal, intercámbiase facilmente grazas ao sistema de broches.
Compatible con todos os modelos Suidade.
Descrición
Fragas inspírase nos bosques atlánticos galegos, cheos de carballos, silencio e misterio. Un espazo de sombra e vida lenta que sempre está ahí, malia non chamar a atención.
Esta tapa en coiro de curtición vexetal tinguido en verde combina a serenidade da cor coa firmeza da súa forma cadrada, para un Suidade equilibrado, que sabe estar.
Feita a man en Galicia, con coidado, materiais sostibles e sen presa.
Adáptaa á túa rutina, ao esencial, á túa maneira de estar. Porque un bolso tamén pode acompañarte en silencio.
Detalles
- Bordes pulidos e pintados a man
Materiais
Trabajamos con materiais locais e sostibles:
- Coiro vacún de curtición vexetal, subproduto da industria cárnica, curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: pequenas engurras ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso.
Fabricación local
Feito en España, de xeito ético e responsable. O coiro trabállase peza a peza no noso obradoiro en Galicia.
Cuidados con agarimo
Para que a túa tapa te acompañe durante moitos anos:
- Gárdaa na súa bolsa de algodón (con tecidos reutilizados), afastada da luz directa, da humidade ou de temperaturas extremas.
- Se se molla, deixa que seque ao aire libre, sen calor artificial nin sol directo.
- Límpaa cun pano de algodón apenas humedecido.















Reseñas
Aínda non hai valoracións.