Tapa Carballeira
22,00 €
Tapa marrón cadrada para bolso Suidade: intercambiable e feita a man en Galicia
Tapa de coiro marrón con forma cadrada para personalizar o teu bolso Suidade.
Feita a man en Galicia con coiro de curtición vexetal, intercámbiase facilmente grazas ao sistema de broches.
Compatible con todos os modelos Suidade.
Descrición
Carballeira é terra, raíz, acougo. Como os bosques de carballos que lle dan nome, esta tapa transmite solidez e fondura.
A forma cadrada achega estrutura, e o ton marrón engade calor e versatilidade atemporal.
Feita a man en Galicia, con respecto polo tempo e os materiais.
Escolle con sentido. Porque un bolso tamén pode ter fondura.
Detalles
- Bordes pulidos e pintados a man
Materiais
Trabajamos con materiais locais e sostibles:
- Coiro vacún de curtición vexetal, subproduto da industria cárnica, curtido artesanalmente sen químicos agresivos. Conserva as marcas naturais da pel: pequenas engurras ou cicatrices que lle dan carácter. Co tempo, desenvolve unha pátina natural que o fai aínda máis fermoso.
Fabricación local
Feito en España, de xeito ético e responsable. O coiro trabállase peza a peza no noso obradoiro en Galicia.
Cuidados con agarimo
Para que a túa tapa te acompañe durante moitos anos:
- Gárdaa na súa bolsa de algodón (con tecidos reutilizados), afastada da luz directa, da humidade ou de temperaturas extremas.
- Se se molla, deixa que seque ao aire libre, sen calor artificial nin sol directo.
- Límpaa cun pano de algodón apenas humedecido.















Reseñas
Aínda non hai valoracións.